bueno como nunca me uelo fiar do tempo salin con Kiko en estrada o venres e claro, se meteo galicia da choiva e que vai chover de carallo! E así foi xa que aparte da choiva ia un vento en contra de carallo asique, un cafe con Oscarito e Jorge ao cal se uniron Fer e Angel e pateada para a casa que chovia moito, asique 30 km. frios e pasados por auga. E despois dun sabado moi relaxado e de patear 7 km. santiago arriba e abaixo dispoñome o domingo a sair en estrada (facendo caso ao tempo). Saimos kiko mais eu do milladoiro e pronto estabamos en Bertamirans. Saimos puntuais as 9:05 da mañan camiño de padron onde na picaraña recollimos uns Botafumeiros. Subimos pola olta do Tour onde fun no grupo de cabeza ata os km finais onde me deixei caer sabendo que oxe ia ser un dia longo e que os esforzos ao principio paganse (ciclismo intelixente: Empesar como un vello para acabar como un rapas!Por: Alfonso Montero) e camiño de Cuntis a todo meter tirando forte rodando a 50 e tal. Chegada a Caldas e subidita ata chegar a Vilagarcia onde fixen un adiantamento perigoso a Carlos (perdoa tio) non foi aposta non sei porque o fixen, da igual que non pasou nada. Despois kiko que ia medio mamadiño queria tirar xa para a casa e eu fun con el. E que ben fixen xa que soplaba moito vento en contra e asi facendo de gregario ata o milladoiro coa compaña do marido dunha prima de Carlos ata padron, e despois xa solos ata a casiña onde kiko xa case parecia un cadaver e onde eu acabei bastante ben o cal me sorprendeu xa que pensaba que me ia quedar sobre todo polo esforzo de tirar todo o tempo dende vilagarcia pero bueno un dia moi bo! e agardando que os outros OEAs chegaran ben!
Saudos PS
lunes, 22 de marzo de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario