Despois de moito tempo volvo a escribir para contar algo da vida!!! Aínda hai algo que dicir, dende a ultima vez que escribín. Sobre todo que seguín entrenando duramente, quizais mais duro do que debía pero eu era feliz superandome cada día e cada semana a mais. Simplemente tiña tempo libre e ganas, moitas ganas de demostrar o que eu sabía que valía!
Nas clases ibame bastante ben, adaptandome a este novo e útimo ano de formación de TEL, micro e bioquímica os dous obstáculos que debía superar e que superei na 1ª avaliación con sendos notables. As conversas coa psicóloga axudabanme a fortalecerme mentalmente, animeime a participar nos duathlóns de montaña no ano 2012. Entrenaba como podía agora coas mañans ocupadas e moitas tardes tamen, os dias facianse cortos....Pero comezou o ano, e eu dixen, este ano a vivir dia a dia, sen agobios a vida é moi curta como para desperdiciar o tempo con malos rollos e cousas que me desestabilicen.
Chegou Beariz, a 1ª proba dos Duathlón Cross do ano, e eu asistin baixo un frio polar e unha choiva destas que parece que che fura ata os miolos! Cun gripón enriba que me moría, asique na primeira volta de bici, despois de caer e de afogar nos meu propios esputos, abandono co meu novo compi da fatigas Taboada!
Despois de non poder asistir a 2ª proba por problemas de aforo, presentome en Maside, a bici medio tocada e o piloto xusto de forzas pero moi moi motivado, era a miña oportunidade. Non ía quedar arriba nin sequera me puxen outro obxetivo que non fose acabar, e conseguino, acabei o duathlón! Con mais pena que gloria pero eu era moi feliz! Eso sí, todo deixa a súa secuela e as miñas dores na perna que fastidei no accidente de coche de facía un ano non me deixan aínda oxe camiñar ben, e o de correr estouno quitando porque morro de dolor. Aparte estame costando moito adaptarme ao meu peso, collín moita masa e engordei 7 kilos dende setembro pero veñenme moi ben para non seguir parecendo unha frauta!
Agora solo me queda prepararme fortemente para os 101 Peregrinos! Non tiña pensado ir pero ao final animeime! E o mellor ou o peor, depende de como se mire, é que estou na recta final do curso e dentro de nada se aprobo (e tanto que vou aprobar!) comezarei as FCT no CHUS seguramente en microbioloxía, xa que o meu é codearme coa bichería!
Pois nada un resumo moi resumo do que me pasou ata o de agora!!!
Un saúdo
PEKENO
lunes, 5 de marzo de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)